Quero andar sen rodinas
Quero andar sen rodinas

Quero andar sen rodiñas!

KALANDRAKA
1005170
16,00 €
Impuestos incluidos
Quero andar sen rodiñas!

 
Un divertido álbum sobre o crecemento e a resiliencia. Rino xa non é un cágado e aprendeu a andar en bicicleta. Con todo, non está contento. Quere ir sen rodiñas e manter o equilibrio como o señor Renato, que leva o xornal debaixo do brazo, como a señora Adela, que carga coa compra sen caer, ou como Laureano, o carteiro, que reparte o correo por toda a cidade... Pero para andar sen rodiñas non lle abondará coa súa vontade, necesitará que alguén lle axude. Unha historia sobre a importancia da vontade e da resiliencia como elementos fundamentais no proceso de aprendizaxe e de crecemento, aínda que tamén sobre a relevancia da axuda colectiva e da solidariedade. Unha obra con moito humor e imaxes cheas de detalle protagonizada por animais humanizados, coa cidade como pano de fondo. Esta obra foi finalista do XVII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados.
paginas
32
encuadernacion
TAPA DURA
espesor
1
colección
DEMADEMORA
zona
GALICIA
altura
260
ancho
220
48 Artículos
9788413433479
No hay comentarios
Producto añadido a la lista de deseos