Carrito
No hay más artículos en su carrito
Abril é un país
O 25 de abril de 1974 a Revolución dos Caraveis rematou de forma incruenta cun réxime ditatorial que durante case cincuenta anos, baixo as ordes de António de Oliveira Salazar e de Marcelo Caetano, someteu o pobo portugués. O levantamento militar, liderado esencialmente polos mandos intermedios, non só veu determinado polo esgotamento da ditadura salazarista no país, senón tamén por unha política colonial minada tras décadas de abusos e golpeada polas guerras de independencia. Cincuenta anos despois, a escritora e xornalista Tereixa Constenla reconstrúe cun traballo minucioso, que inclúe tanto a investigación documental como a entrevista a moitos dos protagonistas da revolución, aquel xoves histórico no que todo o mundo puxo a mirada nun fito que logrou derrocar un réxime opresor. Unha análise abraiante do pasado de Portugal, resumido neste ensaio indispensable para comprender o espírito único do país luso.
- paginas
- 360
- encuadernacion
- RUSTICA
- espesor
- 1
- colección
- AGORA K
- zona
- GALICIA
- altura
- 205
- ancho
- 135
31 Artículos
9788419213525
No hay comentarios