Ir al contenido

50 anos

(0 reseña)

Cincuenta anos de Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza son unha oportunidade excelente para reler un ensaio fundamental no conxunto da traxectoria intelectual -coherente, rigorosa e comprometida- de Francisco Rodríguez Sánchez. A súa obra -proxecto no que pensamento crítico e vontade de intervención son constantes dunha pulsión vital, mesmo sufrindo duras represalias- non constitúe un conxunto disperso de estudos sobre a realidade cultural, lingüística e histórica de Galiza. Todos eles forman un corpus nutrido por un mesmo fin: «desvendar» a Galiza que aparece agochada ou deturpada para que sexa «outra cousa, non un país negado, autodescoñecido, manipulado e cheo de indignidades e eivas colectivas». Si, unha obra que explica un tempo e constribúe a construír conciencia patriótica galega, porque amosa que Galiza existe, que ten razón de ser e que coñecela é o primeiro paso para afirmala. E Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza reafírmase aquí, con medio século de vida, como ensaio de referencia vital para comprender o pasado e combater a asfixia que está a padecer o galego como lingua propia no actual marco político e normativo «autonómico». Este libro colectivo, conformado por trece colaboracións, incide na vixencia e na importancia deste ensaio, estimulando a súa lectura desde perspectivas diversas en diálogo co texto orixinal, alén de proxectar a vitalidade e fortaleza do pensamento do seu autor, sempre acción mobilizadora para existirmos como nación.

15,00 € 15,00 € (impuesto incluido)

  • Idioma
Stock real: si puedes comprarlo, lo tenemos.
Añadir a lista de deseos
Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días.
Envío: 24/72 horas laborables.

Datos del artículo

Autor VV.AA.
Editorial TEMPO GALIZA
Colección SIN COLECCION
EAN 9791399039078

Especificaciones

Idioma Gallego