Ir al contenido

A RAÍÑA DAS VELUTINAS

(0 reseña)

Nunha casa de turismo rural reúnese un grupo de persoas en torno a un dos últimos guerrilleiros antifranquistas. A casualidade fará que dúas mozas, enviadas pola Consellaría de Medio Rural para combater a praga de avespas velutinas, acaben participando nalgunhas actividades programadas por un colectivo nutrido por persoas con diversos intereses e maneiras de proceder. Os simpatizantes do antigo exiliado detectarán a presenza dun asistente inesperado;mais nada será o que parece. Un telurismo presente en toda a narración sobrevoará unhas existencias ávidas do contacto coa terra, aínda que a paixón, os desencontros propiciados pola convivencia e unha ortodoxia levada aos extremos serán os que orixinarán, cando a situación o requira, tensións ocasionais e impulsos de solidariedade. Gañadora da XXIII edición do Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey, o xurado salientou de " A raíña das velutinas " "o seu brillante labor de documentación e as historias amenas que se entrecruzan na trama principal".

19,95 € 19,95 € (impuesto incluido)

  • Idioma
  • Encuadernación
  • Temática
Stock real: si puedes comprarlo, lo tenemos.
Añadir a lista de deseos
Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días.
Envío: 24/72 horas laborables.

Datos del artículo

Autor Rexes, Lionel
Editorial XERAIS
Colección NARRATIVA
Páginas 152
Año de edición 2017
EAN 9788491212683

Especificaciones

Idioma Gallego
Encuadernación Rústica
Temática Ficción