Ir al contenido

A rotura das paisaxes

(0 reseña)

Dous homes de avanzada idade camiñan por unha praia enleados en distintas conversas mentres, para o seu abraio e incomodidade, atenden, sen pretendelo, a unha serie de acontecementos que escapan da súa comprensión e van alterando o seu estado de ánimo. Esa circunstancia obrígaos a reflexionar sobre a súa situación na praia, sen liberarse da dúbida de que se atope alguén máis canda eles a quen non dan visto. Cunha linguaxe multifocal, que ás veces roza o surrealismo, mesturando realidade e ficción de xeito continuo e partindo dunha cita do pintor Toulouse-Lautrec (que di que o esencial é a figura mentres que a paisaxe é un mero accesorio), Xesús Constela achéganos un libro no que xoga con diversas técnicas literarias que van desde o máis espido dos diálogos, ata unha sorte de poesía de carácter narrativo, pasando pola linguaxe cinematográfica ou a prosa poética, entre outras. Con moitas e moi diferentes voces narradoras relatando ao mesmo tempo, A rotura das paisaxes configúrase como un libro que admite diversas ordes de lectura e, xa que logo, pode ser interpretado como unha novela para quen queira ver nel unha novela, ou unha colección de relatos para quen prefira ver nel unha colección de relatos.

20,95 € 20,95 € (impuesto incluido)

  • Idioma
  • Encuadernación
  • Temática
Stock real: si puedes comprarlo, lo tenemos.
Añadir a lista de deseos
Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días.
Envío: 24/72 horas laborables.

Datos del artículo

Autor Constela Doce, Xesús
Editorial XERAIS
Colección NARRATIVA
Páginas 304
Año de edición 2016
EAN 9788499149899

Especificaciones

Idioma Gallego
Encuadernación Rústica
Temática Ficción