Ir al contenido

A verdadeira historia da mosca da tele

Un dos libros máis divertidos e curiosos de todos cantos teñas vistos na vida. Porque, a ver, cantos libros coñeces que teñan como protagonista unha mosca televisiva? María Solar escríbenos unha historia divertida e moi pouco particular, que nos vai servir para acompañar á mosca da tele dende os platós da televisión en Galicia á televisión do Caribe! A culpa de todo tívoa un señor calvo que puxo o sombreiro xusto cando a mosca estaba a lle zugar a suor da cabeciña. Na súa viaxe, a mosca da tele coñecerá outros moitos insectos cos que compartirá aventuras e alimentos. Unha viaxe zoolóxica e zooilóxica do máis divertida. Acompaña a esta mosca catódica no seu periplo de éxito mundial!!!Hai moscas que non se conforman con ser moscas e que, ademais, queren ser estrelas da televisión. A que non sabías que hai unha mosca que se coa nos programas de máxima audiencia? Unha mosca á que lle gusta xogar cos convidados. Pero iso si, aos convidados da tele non lles gusta nada que a mosca os amole...

12,75 € 12,75 € (impuesto incluido)

  • Idioma
  • Encuadernación
  • Temática
Stock real: si puedes comprarlo, lo tenemos.
Añadir a lista de deseos
Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días.
Envío: 24/72 horas laborables.

Datos del artículo

Autor Solar, María
Editorial GALAXIA
Colección ARBORE GALAXIA
Páginas 108
Año de edición 2012
EAN 9788498654585

Especificaciones

Idioma Gallego
Encuadernación Tapa blanda o bolsillo
Temática Ficción