Ir al contenido

Birimbao

(0 reseña)

A aparición de " Birimbao. Poemas de mí para ti (1937-1939) " supón un verdadeiro acontecemento literario. Esta obra de Celso Emilio Ferreiro desvélanos como é a poesía que o autor de Celanova ideou e escribiu ao longo da guerra civil e axúdanos a entender a xénese da súa expresión poética, que nunca abandonou. Xavier Ferreiro Loredo, fillo de Celso Emilio, mergúllanos nos poemas para analizalos desde unha óptica persoal, organizándoos en tres partes «Poesía de parapeto», «Birimbao: poemas de mí para ti» e «Memorias de mis caminos». O libro tamén incorpora documentos en prosa de Celso Emilio Ferreiro e sobre Celso Emilio Ferreiro, froito dun proceso de intensa pesquisa en arquivos e hemerotecas, e inclúe ademais diversos apéndices documentais e fotográficos. Corenta anos despois do falecemento do autor de " Longa noite de pedra " , este libro confirma que esa luz da súa poesía, «o lume que alampea», leva inserida unha forza tan enorme que é capaz de transcender o tempo.

22,50 € 22,50 € (impuesto incluido)

  • Idioma
  • Encuadernación
  • Temática
Stock real: si puedes comprarlo, lo tenemos.
Añadir a lista de deseos
Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días.
Envío: 24/72 horas laborables.

Datos del artículo

Autor Ferreiro, Celso Emilio
Editorial XERAIS
Colección CLASICOS
Páginas 216
Año de edición 2020
EAN 9788491216261

Especificaciones

Idioma Gallego
Encuadernación Rústica
Temática Literatura y estudios literarios