Ir al contenido

Cadros da natureza

Recluído en Berlín nun ambiente de pesimismo, como consecuencia da capitulación de Prusia fronte a Napoleón en outrubro de 1806, o naturalista Alexander Von Humboldt (1769-1859) concibiu os seus Ansichten der Natur como unha sorte de desafogo e conforto na que a lembranza das vizosas terras tropicais actuaba coma bálsamo do seu desalento. A xénese da obra está na conferencia que Humboldt pronuciou en Berlín en 1806 sobre Fisionomía dos vexetais, á que lle incorporou outra ditada un ano despois Sobre as estepas e os desertos e unha última Sobre as fervenzas do Orinoco. Todo isto compoñía un volume de 334 páxinas editado en 1808 por Johann Georg Cotta en Tubingen, no que o autor tentaba, sobre todo, proporcionar un tratamento estético do mundo natural.Os Cadros da Natureza foi o libro máis popular de Humboldt, chegando a ser traducido a once idiomas, a obra dun devoto amante da natureza e dun autor de exquisita prosa, un libro que, dende a súa primeira edición, foi deixando fonda pegada en moitos científicos e artistas posteriores, como por exemplo Thoureru, Emerson ou Marsh, fundadores do movemento ambientalista americano, e, en xeral, en todo o pensamento biolóxico e científico moderno. Unha obra que, más de douscentos anos despois da súa aparición, renace en lingua galega coa louzanía dos clásicos

10,00 € 10,00 € (impuesto incluido)

  • Idioma
  • Encuadernación
  • Temática
Stock real: si puedes comprarlo, lo tenemos.
Añadir a lista de deseos
Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días.
Envío: 24/72 horas laborables.

Datos del artículo

Autor Von Humboldt, Alexander
Editorial USC.UNIV.SANTIAGO COMPOSTELA
Colección CLASICOS PENSAMENTO UNIVERSAL
Páginas 211
Año de edición 2020
EAN 9788417595784

Especificaciones

Idioma Gallego
Encuadernación Tapa dura
Temática Geografía y ciencias de la tierra