Ir al contenido

Cayo Hueso

(0 reseña)

A tempada de lagostas comeza en Cayo Hueso a principios de agosto. Vén sendo así dende que o mundo e mundo". E sempre é motivo de celebración. Virgil, crítico musical, chega á illa un martes, atraído polo engado dos ritmos sureños. Maudey chega o sábado coa súa banda de jazz para cantar durante as festas. Os dous axiña se coñecen, se desexan e namoran. Ou non, pois é difícil precisar a natureza dun encontro semellante, sensual e fugaz coma os cigarros que arden ao ritmo da respiración dos amantes até consumírense e tornárense cinza. Todo isto cóntanolo un vello capitán digno dunha novela de Hemingway -o autor americano viviu en Cayo Hueso moitos anos da súa vida-, e escríbeo a novelista vasca Oihane Amantegi, quen nos traslada á illa máis meridional do estado de Florida para construír, cun estilo elegante e delicado, unha historia inesquecible que, coma nun soño, nos envolve nunha atmosfera chea de lagostas, papagaios, música de jazz, cervexa fría e fume de cigarros. O gran poeta vasco Joseba Sarrionandia escribiu o prólogo desta sensacional novela da autora de Conto ao carón do río (Rodolfo e Priscila, 2022).

18,00 € 18,00 € (impuesto incluido)

  • Idioma
  • Encuadernación
Stock real: si puedes comprarlo, lo tenemos.
Añadir a lista de deseos
Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días.
Envío: 24/72 horas laborables.

Datos del artículo

Autor Amantegi, Oihane
Editorial RODOLFO E PRISCILA
Colección SIN COLECCION
Páginas 92
Año de edición 2025
EAN 9788412785289

Especificaciones

Idioma Gallego
Encuadernación Rústica