Ir al contenido

Chove nos versos

Chove nos versos" é un novo poemario de Antonio García Teijeiro dirixido ao público infantil e xuvenil. Artellado tematicamente arredor da idea da chuvia, a obra divídise en catro apartados: "As choivas no calendario", "Chovendo miudiño", "Chovendo a mares", e "Longa noite de chuvia", unha homenaxe explícita a Celso Emilio Ferreiro. Versos consonantes sobre pés clásicos, sonoridade baseada en aliteracións, metáforas luminosas caracterizan este longo poemario onde o autor volve dialogar cos seus poetas máis amados: dende Rosalía de Castro, Luis Pimentel, Celso Emilio Ferreiro a Nicolás Guillén. As pinturas de Lázaro Enríquez, de trazo firme, expresan os múltiples matices da chuvia, metáfora visual do paso do tempo, convertendo ao libro nun álbum poema, feito inédito ata agora na edición infantil en galego.

20,50 € 20,50 € (impuesto incluido)

  • Idioma
  • Encuadernación
Stock real: si puedes comprarlo, lo tenemos.
Añadir a lista de deseos
Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días.
Envío: 24/72 horas laborables.

Datos del artículo

Autor García Teijeiro, Antonio
Editorial XERAIS
Colección CARTONE INFANTIL
Páginas 80
Año de edición 2004
EAN 9788497822015

Especificaciones

Idioma Gallego
Encuadernación Tapa dura