Ir al contenido

CONTOS E LENDAS ARRAIANOS

(0 reseña)

Os contos e lendas tradicionais constitúen un dos tesouros máis interesantes do patrimonio cultural popular. Transmitidos de boca en boca ao longo das xeracións, en moitos casos ao longo dos séculos, son manifestacións artísticas da fantasía colectiva e conteñen un reflexo dos medos, as esperanzas, o humor ou os soños dun pobo. Coa desaparición da sociedade campesiña tradicional e os seus modos de vida pérdese tamén a requintada arte do conto que se transmite de palabra, pois desaparecen os escenarios onde se producía a súa transmisión activa. Nesta obra, José Rodríguez Cruz recolle materiais narrativos diversos (contos, relatos e lendas) da tradición oral popular no territorio suroriental galego, nos concellos da Gudiña, A Mezquita e os seus arredores, na raia galego-trasmontana e na veciñanza das terras de Viana do Bolo. Organizada tematicamente, esta colección de narracións, froito dun demorado traballo de campo, salva do esquecemento os vestixios da antiga tradición dos contos populares, parte inseparable da identidade cultural galega.

20,50 € 20,50 € (impuesto incluido)

  • Idioma
  • Encuadernación
  • Temática
Stock real: si puedes comprarlo, lo tenemos.
Añadir a lista de deseos
Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días.
Envío: 24/72 horas laborables.

Datos del artículo

Autor RODRÍGUEZ CRUZ, JOSÉ
Editorial XERAIS
Colección SIN COLECCION
Páginas 336
Año de edición 2016
EAN 9788491210467

Especificaciones

Temática Ficción, Sociedad y ciencias sociales
Idioma Gallego
Encuadernación Rústica