Ir al contenido

Despois da chuiva

(0 reseña)

Despois da chuvia" é unha fábula moderna sobre a superación das adversidades, a adaptación ao medio e a colaboración duns cos outros para a supervivencia do colectivo. Un diluvio inunda o bosque e os seus habitantes terán que saír adiante nun improvisado refuxio. Un pequeno raposo ofrecerase para buscar comida e auga, pero o grupo non cre nas súas capacidades -nin nas súas intencións- e encomenda esas tarefas a outros animais. Na obra galardoada co VIII Premio Internacional Compostela de Album Ilustrado están presentes a solidariedade e o traballo en equipo na busca do ben común, que non depende do luxo, senón de elementos esenciais -e mesmo inmateriais- para atender as necesidades básicas. Nunha lectura máis profunda, o raposo -identificado na literatura e na cultura popular como un ser astuto e enganoso- motiva a desconfianza dos seus compañeiros, aos que este personaxe acabará sorprendendo cunha valiosa achega que supera as expectativas de todos. O protagonista deste relato enterneceranos coa súa inocencia cando -inxenuamente- pretende conseguir o inacadable.

16,00 € 16,00 € (impuesto incluido)

  • Idioma
  • Encuadernación
  • Temática
Stock real: si puedes comprarlo, lo tenemos.
Añadir a lista de deseos
Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días.
Envío: 24/72 horas laborables.

Datos del artículo

Autor Ferro, Miguel
Editorial KALANDRAKA
Colección SIN COLECCION
Páginas 32
Año de edición 2015
EAN 9788484649687

Especificaciones

Idioma Gallego
Encuadernación Tapa dura
Temática Infantil y juvenil