Ir al contenido

Entremés galego ao feliz e real parto da nosa raíña (1707

O Entremés galego ao feliz e real parto da nosa raíña é obra de Salvador Francisco Roel. Foi representado na Coruña en 1707 e impreso en Compostela entre 1708 e 1712. Trátase dunha obra de teatro breve en verso na que participan seis personaxes populares: tres homes e tres mulleres. Estes reciben a nova, que despois celebran, do nacemento do príncipe herdeiro de Felipe V (o futuro Luís I) no contexto histórico da Guerra de Sucesión. O exemplar foi descuberto recentemente por Julio González Montañés dentro do campo das súas investigacións sobre o teatro en Galicia dos séculos XVI ó XVIII.A pesar da súa brevidade, o interese histórico, lingüístico e literario da obra é extraordinario, dado que se trata do primeiro libro impreso en galego coñecido, o que retrotrae en cen anos a aparición da obra impresa en galego. Este dato cronolóxico por si só xa supón a necesidade dunha reformulación historiográfica dos denominados Séculos Escuros. Ademais de ramo momentáneo de outras importantes exhumacións do XVIII, o Entremés de Roel resulta unha peza clave para establecer unha especie de tradición literaria, aínda que feble, no campo do teatro galego durante este período. Escrita nun galego rico e coidado, é unha obra que cómpre situar no contexto propagandístico do teatro e festas felipistas da Galicia de 1707, pero non exenta tampouco de certas críticas e do humor inherente ó xénero. Os seus valores históricos, lingüísticos e literarios son abordados aquí respectivamente por Julio González Montañés, Ramón Mariño Paz e Anxo Angueira.

17,50 € 17,50 € (impuesto incluido)

  • Idioma
Stock real: si puedes comprarlo, lo tenemos.
Añadir a lista de deseos
Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días.
Envío: 24/72 horas laborables.

Datos del artículo

Autor Salvador Francisco Roel
Editorial LAIOVENTO (IBD)
Colección ENSAIO
Páginas 186
EAN 9788484874577

Especificaciones

Idioma Gallego