Ir al contenido

Faíscas

Volume de xinea popular integrado por miúdas pezas de ourivería poética. Cada unha das composicións que conforman esta obra son á vez fráxiles e intensas, de xeito que sexan doadas de inxerir tanto pola sensibilidade coma pola intelixencia. O propósito é transportar o vagar que sucede á fereza da tempestade interior. Logo de os elementos se conxuraren en contra, despois de que a intensidade da febre do desacougo fose quen de abater o estímulo.O que fica son sensacións complexas nas que se mesturan a arela e o devezo canda o desvelo ou o arreguizo. No medio e medio da natureza máis propia, a vontade plena de ser procura faíscas que emitan unha imprescindíbel luz.Texto poético e imaxe plástica entretecen un xogo de olladas complementarias que proxectan agudas intermitencias de enerxía positiva que resultan de todo necesarias para lles facer fronte a algún dos máis rexos pesadelos da existencia.

11,95 € 11,95 € (impuesto incluido)

  • Idioma
Stock real: si puedes comprarlo, lo tenemos.
Añadir a lista de deseos
Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días.
Envío: 24/72 horas laborables.

Datos del artículo

Autor Xoán Carlos Domínguez Alberte
Editorial LAIOVENTO (IBD)
Colección POESIA
Páginas 66
EAN 9788484876595

Especificaciones

Idioma Gallego