Ir al contenido

Feminino singular, en plural

(0 reseña)

É ben sabido que a historia ten una débeda coas mulleres. Moitas foron silenciadas, invisibilizadas ou agochadas por pertenceren a ese xénero tantas veces proscrito. É tempo de cambio, de erguer a voz, de devolverlles o que foi delas, de crear futuro e restaurar (na medida do posible) aquel pasado. É tempo de equidade. Por iso este libro, de xustiza poética, vai por e para elas, mulleres pioneiras, valentes e loitadoras. Feminino singular, en plural é un canto agradecido a mulleres que loitaron individualmente e con moitos atrancos pola súa colectividade para intentaren acadar unha sociedade máis afable, xusta e de igualdade entre mulleres e homes. *** Neste libro encontrarás unha serie de poemas biográficos, ilustrados por Laura Romero, dedicados a mulleres galegas singulares, que fixeron cousas moi importantes pero que foron ocultadas e silenciadas ao longo da historia, tamén outros nos que recorda as mulleres anónimas, as máis próximas a nós. Poemas que comentan Sabela e Roi, unha nena e un neno coma vós, ás veces con sorpresa, porque non sabían dalgunha delas nin das súas vivencias e méritos malia os anos transcorridos. Animádevos a seguir a proposta de Concha Blanco e creade vós tamén unha biografía ou poema sobre mulleres que consideredes singulares, que pensedes deban ser coñecidas para divulgar o esforzo que realizan no seu ámbito de actuación.

14,35 € 14,35 € (impuesto incluido)

  • Idioma
  • Encuadernación
  • Temática
Stock real: si puedes comprarlo, lo tenemos.
Añadir a lista de deseos
Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días.
Envío: 24/72 horas laborables.

Datos del artículo

Autor Blanco Blanco, María Concepción
Editorial BAIA
Colección SIN COLECCION
Páginas 60
Año de edición 2020
EAN 9788499953403

Especificaciones

Idioma Gallego
Encuadernación Rústica
Temática Infantil y juvenil