Ir al contenido

Isto SI é un Home. Unha mirada masculina contra o patriarcado

En Isto SI é un Home, Francisco Castro explota a súa faceta como filósofo para situarse no pensamento feminista desde a súa condición de varón. Trátase dun ensaio onde o autor ironiza sobre os mitos irracionais do patriarcado para demostrar, desde unha respectuosa seriedade, como o machismo é mundialmente destrutivo, eticamente peor e cunha decidida e indesexable tendencia á infelicidade. Hai aquí un manifesto contra a violencia que reivindica insistentemente a liberdade e a diversidade como dereitos irrenunciables de calquera ser humano, sexa el, ela ou ele. A súa lectura é obrigada para quen desexe entender mellor esta revolución ideolóxica do século XXI, a chamada Cuarta Onda do Feminismo. Recorrendo á memoria persoal, Isto SI é un Home é ademais a confesión emocionante dun autor que propón o reto de seguir o seu exemplo e facerse homes feministas. Está nestas páxinas, polo tanto, o Francisco Castro máis vitalista, provocador e descarnado que non dá opcións á indiferenza apelando aos machistas e totalitarios e que, polo tanto, nos pide ser valentes para cambiar o mundo. mundo.

20,25 € 20,25 € (impuesto incluido)

  • Idioma
  • Encuadernación
  • Temática
Stock real: si puedes comprarlo, lo tenemos.
Añadir a lista de deseos
Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días.
Envío: 24/72 horas laborables.

Datos del artículo

Autor Castro, Francisco
Editorial GALAXIA
Colección FEMINISMOS
Páginas 180
Año de edición 2022
EAN 9788491517979

Especificaciones

Idioma Gallego
Encuadernación Rústica
Temática Sociedad y ciencias sociales