Ir al contenido

Lingua galega e literatura 2ºeso

(0 reseña)

Este manual de Lingua Galega e Literatra para o 2º curso de ESO está dividido en doce unidades. Cada unidade presenta dez bloques: 1) Lectura;2) Expresión escrita;3) Lingua e texto;4) Léxico;5) Gramática;6) Expresión oral;7) Ortografía;8) Literatura;9) Técnicas de traballo -unidades impares- / Lingua e Sociedade -unidade pares-;10) Reforzo e Autoavaliación. Empeza cunha Lectura de tipoloxía variada, que permite traballar a compresión. Serve, á vez, como desculpa para a Expresión escrita e a necesaria reflexión sobre o Léxico. Deseguido, nos apartados de Gramática e de Ortografía profundízase no código lingüístico para ser quen de utilizalo correctamente, non como un fin en si mesmo, o que se pon en práctica coa Expresión oral. Os apartados de Literatura e Lingua e Sociolingüística axudan a formar lectoras e lectores competentes e capaces de superar os prexuízos lingüísticos. Compléméntanse algunhas unidades con Técnicas de traballo, fundamentais para unha correcta comunicación e uso da lingua. Neste libro traballamos Contidos Que responden ao novo currículo da LOMCE. Que afianzan, reforzan e amplían as competencias básicas. Que atenden á diversidade do alumnado. Que resaltan elementos transversais. Actividades Orientadas a unha aprendizaxe autónoma e progresiva. Variadas, significativas e flexíbeis. Con diferentes graos de dificultade. En que se utilizan as Tecnoloxías da Información e da Comunicación. E todas as Competencias Comunicación lingüística. Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía. Competencia dixital. Aprender a aprender. Competencias sociais e cívicas. Sentido de iniciativa e espírito emprendedor. Conciencia e expresións culturais.

40,64 € 40,64 € (impuesto incluido)

  • Idioma
  • Encuadernación
  • Temática
  • Temática
Stock real: si puedes comprarlo, lo tenemos.
Añadir a lista de deseos
Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días.
Envío: 24/72 horas laborables.

Datos del artículo

Autor Lopez Viñas, Xoan
Editorial BAIA
Colección 2º.ESO
Páginas 276
Año de edición 2016
EAN 9788499951942

Especificaciones

Idioma Gallego
Encuadernación Tapa blanda o bolsillo
Temática Infantil y juvenil, Lengua y lingüística