Ir al contenido

Mala feminista

(0 reseña)

Cando a escritora Roxane Gay se autodenominou ?ironicamente? «mala feminista», recoñecía que non podía cumprir cos requisitos de perfección do movemento feminista. Mala feminista é un conxunto de ensaios acedos sobre este movemento na cultura moderna e unha aguda e divertida reflexión sobre como a forma en que consumimos a cultura nos converte no que somos, sempre con ton autocrítico e consciente do papel da muller ?así como da súa relación cos homes e coas demais mulleres? nos nosos días, a través da súa propia experiencia e das dinámicas políticas e culturais recentes. Para ela vivimos nun mundo apaixonante, cheo de distraccións que nos gustan e que nos obsesionan, mesmo se van en contra dos nosos principios. Gústalle a música rap, aínda que é consciente dos clixés sexistas de moitos dos seus autores. Tamén lle gusta o cinema absurdo, a cor rosa, engancharse a series como Girls e ler a revista Vogue. Mediante exemplos da cultura pop e da súa propia vida, Gay fálanos do aborto, da maternidade, do acoso sexual, da igualdade de salarios, dos mitos sobre a amizade entre mulleres, da recente literatura escrita por elas, da misoxinia no mundo do espectáculo etc. O feminismo, como a humanidade e a vida, é imperfecto e a autora propón que aceptemos todos os seus matices.

19,50 € 19,50 € (impuesto incluido)

  • Idioma
  • Encuadernación
  • Temática
Stock real: si puedes comprarlo, lo tenemos.
Añadir a lista de deseos
Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días.
Envío: 24/72 horas laborables.

Datos del artículo

Autor Gay, Roxane
Editorial HERCULES EDICIONES
Colección PURPURA
Páginas 328
Año de edición 2021
EAN 9788418966101

Especificaciones

Idioma Gallego
Encuadernación Rústica
Temática Sociedad y ciencias sociales