Ir al contenido

Moza falangueira procura lingua materna - 2ªEd.

O relato dunha peregrinación á procura da verdade e da identidade a través do son das palabras". Así define este particular libro de memorias a súa autora, Carys Evans-Corrales (1949-2020), lingüista, profesora, tradutora (traduciu ao inglés numerosos autores galegos: Murado, Pallarés, Sumai, Borrazás...) e protagonista dunha singular peripecia vital. Con só tres meses de idade deixou o seu Londres natal para se instalar en Singapur, onde o pai conseguira traballo como profesor de Lingua e Literatura. As súas primeiras palabras foron en hainanés, o idioma da muller chinesa que a coidaba. E logo había entrar en contacto co malaio en Kuala Lumpur, co crioulo en Kingston, co galés na terra dos pais, co inglés e as súas infinitas variantes desde York a New Jersey, co galego e o castelán na Compostela do final do franquismo e os inicios da democracia... A Carys cadroulle vivir, falar e escoitar en países que, coma a propia autora, estaban á procura dunha identidade. Moza falangueira procura lingua materna é o relato vital dunha muller que viviu os idiomas coma "ferramentas para intentar descifrar o mundo e para sabermos quen somos".

16,95 € 16,95 € (impuesto incluido)

  • Idioma
Stock real: si puedes comprarlo, lo tenemos.
Añadir a lista de deseos
Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días.
Envío: 24/72 horas laborables.

Datos del artículo

Autor Carys Evans-Corrales
Editorial LAIOVENTO (IBD)
Colección NARRATIVA
Páginas 182
EAN 9788484876144

Especificaciones

Idioma Gallego