Ir al contenido

NORTEáNS

Durante a cerimonia de iniciación de Bris, o herdeiro do moi nobre Neixón, o señor de Norteáns, o pobo elixido, anticípanse importantes mudanzas en Nola. Diante dos ollos de Forca, o ourive, fillo da meiga a Reva, tres mulleres, Cances, irmá de Bris, Leta e a súa nai Banda, a tecelá, desafían as sagradas leis norteás. Mentres, Pruno, un escravo liberto, prende a isca da rebelión dos argolados, os servos aos que se identificaba por levar un pecho de ferro ao redor da gorxa. Serán capaces de ceibarse do xugo dos norteáns? O torque sagrado marcará o camiño da súa vitoria? Novela prehistórica, Norteáns reconstrúe con detalle a sociedade castrexa, a súa organización social, política, militar e familiar;os usos e costumes cotiáns e a relixiosidade da cultura prerromana que poboou Galicia e o norte de Portugal no século I antes de Cristo. Norteáns é, tamén, o retrato dunha sociedade onde había idealistas e opresores, onde reinaba decote o amor e a amizade, mais tamén a cobiza e a vilanía. Un relato engaiolante protagonizado por homes e mulleres capaces de sacrificarse por unha causa xusta ou de traizoarse loitando polo poder, como sucede no noso tempo.

17,95 € 17,95 € (impuesto incluido)

  • Idioma
  • Encuadernación
  • Temática
Stock real: si puedes comprarlo, lo tenemos.
Añadir a lista de deseos
Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días.
Envío: 24/72 horas laborables.

Datos del artículo

Autor GUERRA CID, MAR
Editorial XERAIS
Colección FORA DE XOGO
Páginas 544
Año de edición 2016
EAN 9788491210696

Especificaciones

Idioma Gallego
Encuadernación Rústica
Temática Infantil y juvenil