Ir al contenido

O reiciño de Galiza

(0 reseña)

Congratúlase Laiovento en publicar na colección VentoaLto unha nova edición de O reiciño de Galiza, de Victor Hugo, que marcou a aparición do número 100 do seu catálogo.Le petit roi de Galice -un capítulo da visión poética da Historia constituída por La Légende des siècles- é unha composición épica de importancia certa, tanto para a crítica literaria como para o propio autor, que chegou a deseñar unha portada onde se xunguen a paisaxe compostelá e a historia de Nuno.A emotividade e intensidade do texto huguiano consérvase plenamente na versión galega -tamén en verso- de Henrique Harguindey. Os lectores e lectoras poderán, a maiores, ler e gozar o texto orixinal, situado en paralelo á tradución.Na rompente da maré dese xenio da Literatura, a ondiña galega segue a borboriñar e a ser ouvida co seu propio son.Para André Dumas, por exemplo: "Le Petit Roi de Galice é un dos poemas máis conmovedores, máis coloridos e mellor escenificados de La Légende des sièclesLa Légende des siècles. Édition d'André Dumas. Garnier Frères. Paris, 1962.

14,96 € 14,96 € (impuesto incluido)

  • Idioma
  • Encuadernación
Stock real: si puedes comprarlo, lo tenemos.
Añadir a lista de deseos
Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días.
Envío: 24/72 horas laborables.

Datos del artículo

Autor Hugo, Victor
Editorial LAIOVENTO (IBD)
Colección POESIA
Páginas 150
Año de edición 2022
EAN 9788484876083

Especificaciones

Idioma Gallego
Encuadernación Otro formato