Este libro ten un protagonista singular: a febre: A febre como personaxe, como metáfora da imaxinación, do soño, da literatura en definitiva.Partindo dun episodio real da súa vida (un ataque febril no Cairo), o autor vai presentando unha galería de historias sorprendentes, ás veces oníricas, ás veces simbólicas e sempre presididas pola pantasma da febre. Na liña de Memoria de derribos, o autor volve explorar así o seu persoal universo imaxinario nun libro no que é a atmosfera a que "cose como un fío" as diferentes narracións coa historia principal.Titulares de prensaO SOÑO DA FEBREAdicar un libro de relatos a un tema concreto é unha tarefa arriscada. Hai que ser moi habilidoso e ter un considerable dominio do oficio para saír airoso de semellante reto. Miguel Anxo Murado neste O soño da febre aposta por construír dez relatos de ton fantástico en torno a ese fenómeno fisiolóxico con resonancias espirituais.A estrutura do libro, póren, non consiste sen máis nunha simple acumulación de contos. Por riba deles, como facendo de tendal do que van prendendo os relatos, aparecen unha serie de reflexións breves nas que o narrador entrelaza episodios familiares con excursos sobre a vinculación da febre coa xeografía, a literatura, a música, ou co mesmo devir da Historia. Esta hibridación entre narración fantástica e testemuño persoal/autobiográfico por parte do autor non acada, con todo, as metas ás que parece aspirar o libro no seu conxunto. Estrañamente, esa voz en primeira persoa que aparece entre relato e relato resulta máis interesante e atractiva que moitas das historias ás que precede. E como se o autor se sentise máis cómodo no territorio da digresión persoal mesturando recordos verdadeiros ou inventados con citas eruditas que axustándose aos códigos do relato fantástico no que fai dez incursións cun resultado marcadamente irregular.O delirio febril -máis ca febre en si- é unha especie de chave que serve para abrir unha fenda no real e trasladar os protagonistas dos de