Ir al contenido

Ola, ola, la!

(0 reseña)

Galaxia inicia unha nova colección para achegar a música aos máis pequechos e pequechas da casa. O nome xa é ben descritivo Sonárbore. E arrancamos nin máis nin menos que cun librodisco do grupo galego de moda, unha formación que non precisa presentación, Mamá Cabra. Ola, ola, la! é moito máis ca un libro, pois ten un CD de música para que cantes coas Mamá Cabra, pero tamén para que cantes ti só e, por outra banda, un DVD-Karaoke para que aprendas as cancións e poidas cantalas na compaña dos músicos da banda. Polo medio, un sorprendente conto de Gloria Sánchez. Todo vai ilustrado pola man sabia de Kristina Sabaite. Unha aposta musical para quen gosta da electricidade máis rítmica a dar voltas polo corpo. Un novo libro de Mama Cabrá, cun conto de Gloria Sánchez e ilustracións de Kristina Sabaite

20,55 € 20,55 € (impuesto incluido)

  • Idioma
  • Encuadernación
Stock real: si puedes comprarlo, lo tenemos.
Añadir a lista de deseos
Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días.
Envío: 24/72 horas laborables.

Datos del artículo

Autor Mamá Cabra
Editorial GALAXIA
Colección ARBORE GALAXIA
Páginas 24
Año de edición 2010
EAN 9788498653076

Especificaciones

Idioma Gallego
Encuadernación Tapa dura