Ir al contenido

Os Estados e Imperios do Sol

(0 reseña)

Os Estados e Imperios da Lúa -xunto con Os Estados e Imperios do Sol- conforman a longa viaxe de Cyrano polo Outro Mundo. Na segunda parte, a descrición do autor tradúcese nun texto fortemente simbólico no seu percorrido polas terras iluminadas e máis opacas do Sol. Considerada como unha das primeiras obras do xénero literario de ciencia ficción, é fundamentalmente unha obra de crítica ideolóxica inzada de disertacións sobre o universo, a materia, os sentidos e a ética, a través das que Cyrano fustriga os vicios da súa época e toma partido polas concepcións máis avanzadas da ciencia e da filosofía. Publicados postumamente en 1657 e 1662, os textos das viaxes permaneceron censurados durante máis de dous séculos. Enxeñoso, poético e imaxinativo, a ironía do autor é constante e mordaz, sementada entre magníficas descricións con ingredientes alquímicos e requintadas alegorías nunha escrita plenamente barroca. Cyrano de Bergerac forma parte, no século XVII, dese movemento libertino que prefigura a potente maré do XVIII, da filosofía das Luces, a ampla vaga que traerá os principios do Laicismo e da Revolución.

15,00 € 15,00 € (impuesto incluido)

  • Idioma
  • Encuadernación
Stock real: si puedes comprarlo, lo tenemos.
Añadir a lista de deseos
Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días.
Envío: 24/72 horas laborables.

Datos del artículo

Autor Cyrano de Bergerac
Editorial RINOCERONTE EDITORA S.L.
Colección VETERA
Páginas 154
Año de edición 2010
EAN 9788417388461

Especificaciones

Idioma Gallego
Encuadernación Rústica