Ir al contenido

Test de galego para oposicions

(0 reseña)

O presente volume pretende ofrecer un método práctico orientado á preparación da proba de lingua galega no proceso selectivo para o ingreso no cadro de persoal do Servizo Galego de Saúde (SERGAS). Na súa redacción pódense observar catro partes principais: * Propostas con cuestións referentes ao coñecemento da lingua galega. Son un total de 1000 preguntas, repartidas en 50 cuestionarios formados por 20 exercicios. A súa estrutura é a que segue: a) Vocabulario de Medicina (da 1ª á 5ª pregunta). b) Corpo humano (da 6ª á 8ª). c) Léxico Administrativo (da 9ª á 11ª). d) Léxico común (da 12ª á 15ª). e) Morfoloxía, Sintaxe e Ortografía (da 16ª á 20ª). * Cuestionarios das máis recentes convocatorias do SERGAS. Recollemos un total de 14 propostas, coas que se pretende ofrecer unha panorámica dos exercicios presentados nos últimos anos (de 2002 a 2005) para as diferentes categorías laborais (auxiliar de enfermería, celador/a, servizo de cociña, etc.) * Vocabulario específico. A modo de complemento, incluímos un vocabulario específico da saúde e da administración sanitaria. Trátase dos principais termos do léxico específico deste ámbito, agrupados nun glosario final coa finalidade de facilitar a consulta, cando esta fora necesaria. * Solucionarios. Recollen as respostas correctas tanto aos 50 cuestionarios propostos como aos 14 correspondentes a convocatorias anteriores. Como estratexia de aprendizaxe autodidacta, recomendamos o seguinte procedemento: 1º) realización dun único cuestionario, 2º) comprobación dos resultados;e 3º) identificación da causa dos posíbeis erros. Agardamos que lectoras e lectores consigan perfeccionar o seu nivel de lingua galega e que tiren o maior proveito posíblel a esta obra.

14,35 € 14,35 € (impuesto incluido)

  • Idioma
  • Encuadernación
  • Temática
Stock real: si puedes comprarlo, lo tenemos.
Añadir a lista de deseos
Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días.
Envío: 24/72 horas laborables.

Datos del artículo

Autor Fraga Celeiro, Xoán Carlos
Editorial BAIA
Colección SERGAS
Páginas 152
Año de edición 2006
EAN 9788496526464

Especificaciones

Temática Sociedad y ciencias sociales, Lengua y lingüística
Idioma Gallego
Encuadernación Otro formato