Ir al contenido

Unha última carta

(0 reseña)

Unha última carta" transpórtanos a unha pequena e fermosa illa mediterránea cuxos habitantes teñen a fortuna de contar cun amable carteiro. Máis de 50 anos de servizo chegan ao seu fin nunha derradeira xornada de traballo que resultará inesquecible para todos. Empregando unha linguaxe poética e metafórica que xoga aos contrastes, Antonis Papatheodoulou presenta unha entrañable e emotiva homenaxe ao vello oficio de repartir cartas: o protagonista é un mensaxeiro vocacional, comprometido co valioso material que transporta na súa saca, cargada de afectos, recordos, boas e malas novas... As ilustracións completan e enriquecen o texto cun orixinal collage de imaxes relacionadas co gremio postal: sobres, selos, palabras manuscritas que trazan a forma dos personaxes... Cun estudado esquema cinematográfico, Iris Samartzi combina distintos tipos de planos, ata o extremo de situar a ollada dos lectores no interior do bolso do carteiro. Tamén se coida o aspecto cromático, cunha luminosa paleta na que predominan brancos, azuis, ocres, e coa que mesmo se plasma a carga simbólica de cada cor.

16,00 € 16,00 € (impuesto incluido)

  • Idioma
  • Encuadernación
  • Temática
Stock real: si puedes comprarlo, lo tenemos.
Añadir a lista de deseos
Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días.
Envío: 24/72 horas laborables.

Datos del artículo

Autor Papatheodoulou, Antonis
Editorial KALANDRAKA
Colección SIN COLECCION
Páginas 48
Año de edición 2018
EAN 9788484642718

Especificaciones

Idioma Gallego
Encuadernación Tapa dura
Temática Infantil y juvenil