Ir al contenido

XOGO DE LETRAS

Un achegamento lúdico, poético e creativo ao abecedario para estimular a imaxinación e a agudeza visual. As 27 letras do abecedario son as protagonistas desta proposta para prelectores e primeiros lectores da man dos artífices da colección Do berce á lúa. Unha obra que dá un paso máis para presentar cada signo gráfico asociado a un obxecto que reproduce a súa forma a través de breves e divertidos textos rimados. Así, o A convértese nunha tenda india, o B nas ás dunha bolboreta, o C na lúa minguante, o D nunha tallada de sandía... Un achegamento lúdico, poético e creativo ao alfabeto inspirado nas greguerías de Ramón Gómez de la Serna;un xogo poético ideal para cantar e contar que estimula a atención e a imaxinación. O formato en cartón duro, a letra maiúscula, as ilustracións recoñecibles sobre fondos claros e o sorprendente xogo de lapelas fan deste libro unhaobra perfecta para iniciarse na lectura. As súas dimensións, ideais para o manexo directo por parte dos máis pequenos e as pequenas, contribúentamén ao desenvolvemento das súas habilidades psicomotrices.

16,00 € 16,00 € (impuesto incluido)

  • Idioma
  • Encuadernación
  • Temática
Stock real: si puedes comprarlo, lo tenemos.
Añadir a lista de deseos
Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días.
Envío: 24/72 horas laborables.

Datos del artículo

Autor RUBIO HERRERO, ANTONIO
Editorial KALANDRAKA
Colección ACARTONADOS
Páginas 30
Año de edición 2026
EAN 9788413434353

Especificaciones

Idioma Gallego
Encuadernación Tapa dura
Temática Infantil y juvenil