Carrito
No hay más artículos en su carrito
Unha corrente salvaxe - e- Historia dunha descoñecida
LAIOVENTO (IBD)
714880
17,95 €
Impuestos incluidos
Unha corrente salvaxe - e- Historia dunha descoñecida
Pais e fillos, segredos e mentiras, culpa e redención.Nestas dúas obras protagonizadas por mulleres, Dans mergúllase nas zonas máis escuras da alma humana e afonda na nosa capacidade para facérmonos dano. Aquí, coma no resto do seu teatro, todos perden.Antes de iniciar unha nova vida a carón dun home ao que non ama e co que aínda así vai casar, cómpre que Ana salde unha débeda co seu pasado. Este é o arranque d' Unha corrente salvaxe, coa que o autor ganou o XXXVII Premi Born de Teatre 2012. Segundo os membros do xurado, "a obra desenvolve un misterio moi logrado, e recrea diversas atmosferas de intriga e suspense, grazas á complexidade dos personaxes e das situacións e á axilidade dos diálogos".En Historia dunha descoñecida, inquietante thriller psicolóxico, Adela apura os últimos días de setembro e da súa madurez na casa de veraneo que ten na praia mentres o seu home, escritor de éxito, lle pon fin á súa nova novela, sen saberen que está a piques de descubrirse o perturbador segredo sobre o que se sustenta o seu mundo."Unha corrente salvaxe atrapa ao lector desde o inicio..., nunha dinámica que o vai ir sorprendendo a medida que avanza, e ao que non lle queda marxe para sequera tentar adiviñar o desenlace, habituado a que a páxina seguinte reconfigure a historia novamente" (X. M. Eyré)."Unha corrente salvaxe ten recendos da mellor traxedia clásica... Unha auténtica bomba de reloxería... Todo un pracer lector do que non convén privarse" (Armando Requeixo).
- paginas
- 214
- encuadernacion
- NULL
- espesor
- 1
- colección
- TEATRO
- altura
- 1
- ancho
- 1
50 Artículos
9788484874751
No hay comentarios