Carrito
No hay más artículos en su carrito
As illas dos deuses
Bos Aires, 1948. Castelao acaba de pronunciar o discurso "Alba de groria" nun momento en que xa sabe que ten a doenza do cancro. É entón cando aparece na cidade arxentina un sicario do goberno franquista coa encarga de matar a Castelao. De súpeto, por un motivo inesperado, o pasado volve con forza á memoria do galeguista trasladándoo a un verán que vivirá na Illa de Ons. A presenza do sicario, personaxe abxecto, responsable de "paseos" e asasinatos tras o estoupido da Guerra Civil e membro da policía secreta de Franco, leva a Castelao a ese verán que, cando era novo, pasara na illa reflexionando e pintando, enfrontándose ao feito de que non desexaba practicar a medicina. A medio camiño entre a ficción e a realidade histórica, "As illas dos deuses" é unha apaixonante novela de intriga construída a partir da reinvención da nosa historia e da vida dunha das figuras máis míticas da cultura galega.
- paginas
- 368
- encuadernacion
- RUSTICA
- espesor
- 18
- colección
- NARRATIVA
- zona
- GALICIA
- altura
- 225
- ancho
- 155
2 Artículos
9788491217008
No hay comentarios