A pension Eva
A pension Eva

A pensión Eva

GALAXIA
35854
Últimas unidades en stock
17,75 €
Impuestos incluidos
A pensión Eva

 
Durante os anos da Segunda Guerra Mundial, os cuartos da Pensión Eva, na vila siciliana de Vigatà, convértense en refuxio dos seus habitantes. Ademais, esa estraña "pensión" é unha presenza misteriosa para Nenè, un rapaz que, ata que logra penetrar na casa, non esperta á vida completamente. A pensión Eva é unha novela de iniciación á vida, á descuberta do sexo, do amor e da amizade nos tempos duros e sen esperanza da guerra. Mentres homes e mulleres matan e morren, ao redor da Pensión Eva concéntrase a historia íntima do pobo siciliano. Unha historia que se personifica no espertar da curiosidade dun rapaz polo sexo e remata coa descuberta do amor, nun intento por entender o mundo e chegar a saber que é o que realmente importa. Un espazo prohibido, o da pensión, que esconde as fantasías eróticas e tamén as arelas dunha sociedade atormentada pola guerra e o fascismo. Camilleri sorprende cunha novela tenra que non evita certa crueldade, e que engaiola polos personaxes, moi próximos aos das películas de Fellini, nos que a aparente tolería agacha, en realidade, unha inmensa verdade.
paginas
152
encuadernacion
TAPA BLANDA O BOLSILLO
espesor
7
colección
BIBLIOTECA COMPOSTELA/LITERARIA
zona
GALICIA
altura
210
ancho
140
2 Artículos
9788482888248
No hay comentarios
Producto añadido a la lista de deseos