Carrito
No hay más artículos en su carrito
Os heroes
O último dos tres tomos da mitoloxía clásica na arte e na literatura galegas. Neste título estúdanse os heroes agrupados en oito capítulos: A guerra de Troia, A Odisea, Hércules, Edipo, Teseo, Perseo, Orfeo e Xasón e os Argonautas. Cada heroe vai precedido dunha información mitolóxica, para unha mellor comprensión das obras artísticas e literarias elixidas. A meirande parte das mostras de arte que presentamos son de artistas galegos;outras foron realizadas especificamente para Galiza por artista foráneos. Recollemos tamén aquelas obras que, independentemente da súa autoría, se atopan permanentemente en exposición nos nosos museos ou institucións, públicas e privadas. As obras literarias son maioritariamente en galego. Algunhas están en castelán, pero escritas por autoras e autores galegos, dos que escollimos, agás no caso dalgunhas poesías, os parágrafos máis significativos... A mostra, tanto de arte como de literatura, non pretende ser exhaustiva, aínda que a consideramos suficientemente significativas, a día de hoxe, para comprender a importancia da mitoloxía clásica na cultura do noso país.
- paginas
- 152
- encuadernacion
- OTRO FORMATO LIBRO
- espesor
- 1
- colección
- MITOLOXIA CLASICA EN GALIZA
- zona
- GALICIA
- altura
- 1
- ancho
- 1
1 Artículo
9788496526174
No hay comentarios