Carrito
No hay más artículos en su carrito
Animais de papel:papiroflexia
Todos podemos crear figuras sorprendentes. Hainas magníficas e de moi poucas pregaduras. As figuras estritamente xeométricas fascinan a miúdo pola súa perfección, pero poden resultar frías. Se deixamos voar a imaxinación, conseguiremos resultados de maior atractivo e personalidade. Neste libro temos ao noso alcance a posibilidade de recrear selectas novidades fáciles de reter na memoria, para despois sorprender os amigos e as amigas nas máis diversas ocasións. "Cultivada esta arte durante unha sobremesa, mentres se pensa en tantas cousas vagas...! é algo inefable", escribiu Don Ramón Gómez de la Serna. Desde entón, a afección estivo en continuo avance, seica máis que calquera outra, ao ir en aumento o número de entusiastas cultivadores. As figuras de animais, cando resutan logradas como vemos neste libro, alcanzan un éxito seguro. Falta só que o habilidoso lector as pregue con esmero, atopando para cada paso o papel que considere máis adecuado, e que trate de superalas se se ve con arrestos suficientes.
- paginas
- 56
- encuadernacion
- OTRO FORMATO LIBRO
- espesor
- 4
- colección
- XOGOS
- zona
- GALICIA
- altura
- 240
- ancho
- 230
1 Artículo
9788492630172
No hay comentarios