Carrito
No hay más artículos en su carrito
Unha caixa misteriosa
Un novo acartonado con texto rimado ideal para compartir e iniciarse no camiño da lectura. Unha caixa misteriosa aparece no xardín, que haberá dentro A imaxinación de Ana dispárase e ao lombo da caixa percorre o mundo da fantasía, dende os lugares máis próximos e familiares aos máis afastados e extraordinarios. Visita unha bruxa, viaxa ata unha illa misteriosa, percorre grandes ríos conxelados, adéntrase en mestos bosques onde viven uns trasnos... Cando finalmente abre a caixa, unha sorpresa aínda máis grande que a que esperaba agarda por ela. Regresan as divertidas rimas de Jordi Gastó e as expresivas ilustracións de Christian Inaraja nun novo álbum acartonado para prelectores ideal para compartir e tamén para iniciarse no camiño da lectura.
- paginas
- 22
- encuadernacion
- TAPA DURA
- espesor
- 1
- colección
- ACARTONADOS
- zona
- GALICIA
- altura
- 220
- ancho
- 175
45 Artículos
9788413433516
No hay comentarios