Carrito
No hay más artículos en su carrito
O coelliño branco (formato grande)
Un dos libros máis emblemáticos de Kalandraka, nun formato grande ideal para contar e compartir. Ao regresar de recoller coles na horta para facer un caldo, o pequeno coello branco encontra a súa casa ocupada pola terrible cabra cabresa. Tras pedirlle axuda a varios animais máis grandes ca el sen obter bos resultados, será só o máis diminuto de todos quen se atreva a enfrontarse á malvada cabra. O coelliño branco é unha adaptación de Xosé Ballesteros a partir dun conto popular portugués, con ilustracións de Óscar Villán, quen por este traballo obtivo en 1999 o Premio Nacional de Ilustración. Trátase dun texto-fórmula concibido tanto para ser lido como para ser contado e que xoga de forma especial coa sonoridade e coa rima. Unha historia sobre a amizade e a coraxe que mostra que a valentía non é cuestión de tamaños.
- paginas
- 26
- encuadernacion
- OTRO FORMATO LIBRO
- espesor
- 40
- colección
- ACARTONADOS
- zona
- GALICIA
- altura
- 200
- ancho
- 200
10 Artículos
9788413434001
No hay comentarios