Carrito
No hay más artículos en su carrito
A grande orquestra animal
FAKTORIA K DE LIBROS
739933
Últimas unidades en stock
18,00 €
Impuestos incluidos
A grande orquestra animal
Bernie Krause é o mellor experto mundial en sons da natureza. Todo comezou co rumor do trigo nun campo de Kansas;dende entón ten dedicado as últimas catro décadas a gravar paisaxes sonoras ecolóxicas e os sons de máis de 15.000 especies nos lugares máis recónditos, salvaxes e virxes do planeta. A causa da depredación humana, a metade dos coros naturais que rexistrou xa non existen. Dende os sons imperceptibles dos virus ou o estrondo dos glaciares crebados, ata o canto dos mamíferos mariños, neste libro fascinante expón os seus postulados sobre o son natural, dividido en tres tipos: a biofonía que producen animais e plantas;a xeofonía orixinada no vento, na auga e na chuvia e a partir da cal tribos remotas desenvolveron escalas musicais;e a antrofonía resultado da acción humana que, pola súa crecente influencia na natureza, ten efectos negativos nas demais especies, como o varamento de baleas.
- paginas
- 364
- encuadernacion
- RUSTICA
- espesor
- 18
- colección
- VITAMINA N
- zona
- GALICIA
- altura
- 230
- ancho
- 155
1 Artículo
9788416721740
No hay comentarios