Carrito
No hay más artículos en su carrito
Libro das colunas
Recóllese nesta compilación a obra xornalística publicada por Luísa Villalta nas súas columnas do semanario "A Nosa Terra" entre o 4 de xaneiro de 2002 e o 4 marzo de 2004, tan só dous días antes do seu falecemento. Son escritos de variada temática, mais en todos eles están presentes as liñas de forza que percorren a súa obra, dende o compromiso coa lingua e a cultura galegas, a militancia cidadá, a denuncia social e a loita contra a indulxencia e a conivencia co poder establecido. Di Luísa Villalta que, entre outras moitas cousas, os libros serven para levar as contas pendentes, para poñer ao ar as feridas. E así o seguen a facer hoxe estas colunas súas, malia os vinte anos que transcorreron. Palabra de Luísa.
- paginas
- 126
- encuadernacion
- RUSTICA
- espesor
- 9
- colección
- ENSAIO
- zona
- GALICIA
- altura
- 231
- ancho
- 149
2 Artículos
9788411762113
No hay comentarios