Carrito
No hay más artículos en su carrito
O teito é de pedra
«Naqueles primeiros días de xullo de 1936, don Antonio Cerqueira, elegantemente vestido co seu traxe de xastrería, chaleco, gravata e chapeu, comía na terraza do Bar Canido dúas nécoras con suma destreza e rapidez, coma se levase toda a vida manipulando criaturas minúsculas e indefensas». Deste xeito comeza «O teito é de pedra», unha novela escrita coa pel e coas entrañas da emoción para homenaxear a todas as persoas que deron a súa vida pola democracia ou que padeceron en calquera das súas formas a represión franquista. Tomando como referencia o libro «Memoria dunha parroquia republicana», de Bernardo Vázquez Acuña, Álex Alonso sitúanos nunha época en que as políticas da República permitían unha mellora da vida das clases humildes, o que era visto polas clases industriais como unha ameaza inasumible. Con personaxes baseados en persoas reais e ambientada na zona de Vigo (San Miguel de Oia, Coruxo e outras parroquias limítrofes), esta novela describe de forma maxistral e próxima os terribles feitos acontecidos durante o golpe de Estado de 1936, cando se fará cachizas unha sociedade que aínda hoxe segue en proceso de reconstrución.
- paginas
- 360
- encuadernacion
- RUSTICA
- espesor
- 28
- colección
- NARRATIVA
- zona
- GALICIA
- altura
- 230
- ancho
- 155
50 Artículos
9788411106702
No hay comentarios