Carrito
No hay más artículos en su carrito
- Nuevo
Diario dunha capareira
O Diario dunha camareira, cando aparece en 1900, a novela irrompe como unha denuncia feroz. Mirbeau entrégalle a voz a Celestine, criada que chega ao Priorado, en Normandía, onde a altivez cruel da señora Lanlaire e as insinuacións do señor compoñen un escenario abafante. No silencio do campo, Celestine decide escribir un diario: nel revive as casas onde serviu, oficio que entende como unha escravitude moderna. A súa mirada, aguda e implacable, penetra na intimidade burguesa e revela corrupción, vileza e unha dobre moral que se sostén sobre a brutalidade. A condición feminina engade unha explotación máis: a sexual, que empurra tantas criadas cara á prostitución. Celestine observa tamén os domésticos, vítimas da pobreza e da alienación, e recoñece en si mesma a reprodución da dureza aprendida. As referencias ao escándalo Dreyfus percorren o relato: case todos os personaxes son antidreyfusitas, antisemitas e clericais, materia que permite a Mirbeau unha crítica devastadora. Con voces múltiples e formas discursivas diversas, a novela foi levada ao teatro e ao cine, nunha tradición que culmina nas versións de Jean Renoir e Luís Buñuel.
50 Artículos
9788484877868
No hay comentarios