Carrito
No hay más artículos en su carrito
- Nuevo
A condición humana
A convicción dos funámbulosCincuenta anos despois da súa morte, André Malraux continúa a ser unha das voces decisivas da literatura europea: escritor, combatente e testemuña directa dos grandes conflitos do século XX. A condición humana (1933), situada no Xangai convulso de 1927, recrea a insurrección obreira que precedeu a ruptura entre o Kuomintang e o Partido Comunista, un momento de incerteza extrema onde as alianzas se esborrallan e cada decisión implica un risco absoluto.A novela combina unha inscrición histórica precisa coa exploración das preguntas fundamentais da existencia: a liberdade, a responsabilidade, a fraternidade e o sentido da acción. A través de personaxes inesquecíbeis --Chen, Kyo, Katow, Gisors, Clappique-- Malraux debuxa distintas respostas ante a violencia, a morte e a necesidade de actuar no instante decisivo. As figuras femininas, May e Valérie, revelan ademais unha ollada crítica sobre a desigualdade e a dominación patriarcal.Lida hoxe, A condición humana conserva intacta a súa forza: unha novela de tensión moral e política que ilumina, con lucidez e vertixe, o fráxil equilibrio da experiencia humana.
50 Artículos
9788484877882
No hay comentarios