UNHA BREVE HISTORIA DO TEMPO
UNHA BREVE HISTORIA DO TEMPO

UNHA BREVE HISTORIA DO TEMPO

USC.UNIV.SANTIAGO COMPOSTELA
634106
Últimas unidades en stock
15,00 €
Impuestos incluidos
UNHA BREVE HISTORIA DO TEMPO

 
Os clásicos -da literatura e a ciencia, da pintura, da música...- provocan tan intensa sensación de inexorabilidade, tal certeza de que tarde ou cedo serían escritos, pintados ou compostos, que un mundo sen eles resulta inconcibible. É coma se sempre existisen. Malia recoñecerlles unha data de nacemento, persiste a sospeita de que xa estaban alí e os seus creadores apenas se limitaron a escribir, pintar ou compoñer sobre trazos preexistentes. Rozan cotas de perfección que as fan case inhumanas e constitúen puntos de inflexión na historia da cultura que xeran novos paradigma. Este é o caso d'Unha breve historia do tempo, unha obra fundacional, que semella non beber de fonte algunha nin estar contaminada pola influencia de textos anteriores;unha obra na que Stephen Hawking senta as bases do que habería de ser a divulgación científica para centos de libros posteriores, tanto polo estilo e a ousadía de escribir nunha linguaxe accesible sobre conceptos moi abstractos da física de fronteira como polo sinal que deixou sobre moitos outros físicos profesionais. Ninguén mellor ca Hawking para afrontar o desafío de escribir a maior e máis enigmática das biografías: a do Universo observable;do nacemento, o devir e a morte do espazo-tempo. Lonxe de facelo como un historiador fóra de escena, que coñece todos os detalles e se limita a expoñelos con erudición, Hawking detense fronte ás preguntas máis perentorias e difíciles, debullándoas con profunda intelixencia e xuvenil desenvoltura: como naceu o tempo? Por que o Universo ten estrutura? Que ocorre con aquilo que cae nos buratos negros? No ano do falecemento de Hawking, a colección Clásicos do Pensamento Universal enriquécese incorporando á lingua galega un dos textos fundamentais da ciencia de todos os tempos, que foi, ademais, un dos célebres best-sellers do século XX.
paginas
296
encuadernacion
OTRO FORMATO LIBRO
espesor
14
colección
SIN COLECCION
zona
GALICIA
altura
240
ancho
170
1 Artículo
9788416954926
No hay comentarios
Producto añadido a la lista de deseos