Carrito
No hay más artículos en su carrito
As guerras. Entre a retórica e violencia
A guerra, omnipresente na historia desde Heródoto e Tucídides, foi reivindicada pola historiografía occidental do século XIX, que vía en Grecia e Roma o berce dun "modelo occidental" da guerra. Na actualidade, politólogos como Hanson, Luttwak e Huntington, asesores dos plans estratéxicos dos EE. UU., seguen defendendo este modelo.Este libro analiza como se "racionaliza" a guerra, defendendo a existenciadunha vinculación íntima entre a estratexia militar, a democracia, a economía e o desenvolvemento da ciencia e a tecnoloxía, elementos todos eles que terían o seu nacemento na Grecia antiga e que posteriormente serían a columna vertebral do estado-nación.A realidade foi moito máis complexa, porque a guerra vai unida á imposición de réximes políticos, permite consolidar a explotación económica e fomenta a hostilidade constante entre estados, elementos todos eles xa presentes na antigüidade clásica, que intentaría regular a guerra a través do dereito.A partir da I Guerra Mundial, nace a guerra de materiais, que supón unincremento xigantesco da capacidade de destrución. Pero esta ocúltase construíndo a imaxe dunha "guerra hixiénica", que nega o sufrimento real dos combatentes e da poboación civil, sobre todo dos nenos e as mulleres, que sofren un tipo de violencia bélica moi específico, tal como se pode ver no último capítulo do libro.Neste libro analízase a "guerra vivida", non só a pensada, na perspectivaque defendía Luciano de Samosata no século II da nosa era, cando dicíaque o historiador debe ter a capacidade de dicir a verdade, querer contala e non facerlle as beiras aos poderosos.
- paginas
- 204
- encuadernacion
- NULL
- espesor
- 1
- colección
- ENSAIO
- altura
- 1
- ancho
- 1
50 Artículos
9788484877288
No hay comentarios