Carrito
            
            
        
                    No hay más artículos en su carrito
             O PAÍS DO GRAN FURADO 
                    
                    
                     Gañadora do II Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2019).  «O País do Gran Furado é unha obra que resalta polo seu humor irreverente, pola súa transgresión dos contos populares e por reivindicar a poesía, a alegría e a revolución como camiños para procurar a igualdade. Ademais, a resolución de conflitos desde unha perspectiva pacifista e a través da palabra, nunha historia na que Toribia e a súa banda de punk son quen de axudar a outras mulleres, é outro dos grandes acertos deste texto paródico, distópico e humorístico». O conto emprega a poesía narrativa como recurso moi apropiado para que o público lector ao que vai dirixido (nenas e nenos de 3 a 8 anos) interiorice máis facilmente a mensaxe da súa historia.   *** MAXI-miliano é un tirano que mantén o seu país con man dura, prohibindo a poesía, a alegría e a felicidade das mulleres. No norte do país rebélase Toribia, unha muller de armas tomar, poeta, revolucionaria e líder dun grupo de rock &roll. Con intelixencia, poesía e perdices consegue transformar a sociedade e alcanzar a igualdade entre mulleres e homes. 
                                                    
                                            - paginas
- 30
- encuadernacion
- TAPA DURA
- espesor
- 5
- colección
- CONTO CONTO
- zona
- GALICIA
- altura
- 190
- ancho
- 150
            
            1 Artículo
        
    
    
            
                    
                    9788499953243
                
                    No hay comentarios
                     
   
											
										 
											
										 
											
										 
                                 
											
										 
                                 
                            