Carrito
            
            
        
                    No hay más artículos en su carrito
             A casa máis animada do mundo 
                    
                    
                     Esta é a historia da casa encantada que está debaixo do ceo e enriba do mar. Nela viven gatos que foxen do queixo, mouchos que toman o sol, cans que falan, gatos que len, xílgaros fóra da gaiola, tartarugas que andan ás présas, periquitos que escriben e hámsteres que xogan ás agachadas.    A casa ten tres andares. No primeiro viven os cans e mais os gatos, que comparten cuarto de baño. No segundo as tartarugas e os hámsteres, que comparten outro cuarto de baño, e no terceiro os xílgaros e os periquitos, que tamén comparten outro cuarto de baño. Os únicos que non comparten aseo son os que dormen na planta baixa, a que está máis preto do mar e máis lonxe do ceo, o rato Honorato, que ten baño propio e o moucho Pancho, que prefire para todo o aire libre.    A casa ten na porta da entrada un letreiro que di: «A casa máis animada do mundo». 
                                                    
                                            - paginas
- 160
- encuadernacion
- OTRO FORMATO LIBRO
- espesor
- 8
- colección
- INFANTIL-XUVENIL
- zona
- GALICIA
- altura
- 225
- ancho
- 155
            
            1 Artículo
        
    
    
            
                    
                    9788492630332
                
                    No hay comentarios
                     
   
											
										 
											
										 
											
										 
                                 
											
										 
                                 
                            