Carrito
No hay más artículos en su carrito
Poemas bestas e outros bechos
«Poemas bestas e outros bechos» é o poemario irmán maior de «Bechopoemas e outras bestas» (KALANDRAKA), galardoado co Premio Euskadi de Literatura 2017, o Premio Kirico 2019 ao Mellor Libro Infantil e Xuvenil, e o 3o Premio Nacional aos Libros Mellor Editados 2019 na mesma. Xuntos forman unha proposta poética global na que esta segunda parte dá un paso máis elevando o nivel de lectura. Os protagonistas volven a ser criaturas que habitan na terra, na auga e no aire. A rima lúdica e o ritmo pegadizo destas composicións invitan a ser recitadas e cantadas colectivamente, en familia ou nas aulas. Estes versos adaptados polo tradutor Isaac Xubín destacan pola súa musicalidade, as onomatopeas e os xogos de palabras a base de diálogos poéticos, concatenacións, acrósticos, repeticións e outros recursos literarios. A diversión e o sentido festivo da poesía están servidos nestas páxinas, que tamén presentan aspectos da vida cotiá con imaxinación, enxeño e sentido do humor.
- paginas
- 72
- encuadernacion
- TAPA DURA
- espesor
- 3
- colección
- POESIA ILUSTRADA
- zona
- GALICIA
- altura
- 235
- ancho
- 150
9 Artículos
9788413431048
No hay comentarios