Relatos marineiros
Relatos marineiros

Relatos mariñeiros

XERAIS
88700
Últimas unidades en stock
17,50 €
Impuestos incluidos
Relatos mariñeiros

 
Relatos mariñeiros componse dunha vintena de narracións curtas que teñen como referencia e inspiración a comunidade de pescadores galegos das Mariñas, asentados na Habana durante os anos trinta, corenta e cincuenta do seculo XX. Vinte historias de mariñeiros e emigrantes galegos no Golfo que reconstrúen vidas anónimas penduradas dun fío, fuxindo dos feros ciclóns e doutras situacións arrepiantes;vidas ancoradas na saudade da terra e das xentes que abandonaron. Relatos de vidas de mariñeiros artistas como o Leandro, o corpudo gaiteiro que levaba todo un país no fol, o Mariano que tocaba o saxofón, o Xan o Cativo, moi mañoso no seu vello acordeón, ou o Santiago, que co seu lapis de cores retrataba a cada un dos compañeiros de tripulación. Mariñeiros namorados e comprometidos como o Daniel, aquel mozote de Camariñas que nunca esquecerá a súa namorada primeira;o Xaquín, o vello pescador da Malata que sentía polo mar unha mestura de amor e xenreira;o negro Eliseo, un Goliat antillano que cos galegos da Casa Branca aprendeu a fala nosa;ou o Xoán Barreiro, dirixente do Sindicato de Viveiristas que promoveu os setes meses de folga do ano trinta e un...Relatos mariñeiros, pola súa complexa e premeditada brevidade, pola súa prosa cristalina, polo seu esforzo de destilación léxica, e pola construcción dunhas tramas enchidas de emoción, apoiadas nas ilustracións narrativas de Xaquín Marín, constitúe unha das máis valiosas achegas dun dos clásicos vivos da literatura galega.
paginas
128
encuadernacion
TAPA BLANDA O BOLSILLO
espesor
6
colección
NARRATIVA
zona
GALICIA
altura
220
ancho
145
1 Artículo
9788483029336
No hay comentarios
Producto añadido a la lista de deseos