Matadeo mana
Matadeo mana

Matádeo mañá

XERAIS
88987
Últimas unidades en stock
24,50 €
Impuestos incluidos
Matádeo mañá

 
Matádeo mañá é un testemuño autobiográfico excepcional;a reconstrución do emocionante periplo vital deste aviador galeguista durante a Guerra Civil: un tempo ralentizado polo cárcere, o terror dos paseos, a súa fuxida cara ao bando republicano, os xuízos sumarísimos que sufriu e o seu traballo como secretario da Solidaridade Antifeixista Galega xunto con Castelao. Tamén é unha memoria lúcida do exilio galego en México, onde Elixio Rodríguez foi un dos promotores da emisión radiofónica A hora de Galicia e do Padroado da Cultura Galega e colaborador teimudo da revista Vieiros que dirixían Luís Soto e Carlos Velo, «xérmolo e vangarda política dun anovado nacionalismo galego», en palabras do historiador Elixio Villaverde, autor do limiar destas memorias apaixonantes. Este é un relato trepidante de feitos históricos, políticos, diplomáticos e bélicos, que constitúe unha grande achega á nosa memoria colectiva. Esta segunda edición destas memorias, consideradas como un dos cumes do xénero autobiográfico en lingua galega, foi revisada e corrixida polo autor antes do seu pasamento, á que se lle engadiu un índice onomástico e un adral de Aser Alvarez.
paginas
416
encuadernacion
TAPA BLANDA O BOLSILLO
espesor
20
colección
CRONICA
zona
GALICIA
altura
220
ancho
146
2 Artículos
9788497824392
No hay comentarios
Producto añadido a la lista de deseos