Dicionario da nova literatura galega

Dicionario da nova literatura galega

XERAIS
780720
Últimas unidades en stock
18,95 €
Impuestos incluidos
Dicionario da nova literatura galega

 
Este Dicionario da nova literatura comezou a fraguarse a finais da década dos anos sesenta do pasado século a través dunha enquisa que o profesor Xesús Alonso Montero deu en distribuír entre as persoas do mundo literario galego que non tivesen obra publicada antes do ano 1936. Velaquí hoxe, máis de cincuenta anos despois, aquel proxecto en forma de libro. Oitenta e seis persoas responderon aquelas preguntas ideadas por Alonso Montero que permiten coñecer multitude de datos biográficos e, ao tempo, deseñan as preocupacións e expectativas dun tempo moi concreto da nosa historia literaria e cultural. Este singular dicionario, en edición de Ramón Nicolás, posibilita preguntarse que cambiou na cultura galega nestes últimos cincuenta anos e engade, ademais, unha rica e valiosa documentación bibliográfica e epistolar, alén doutros documentos de inequívoco interese para reconstruír percorridos biográficos e literarios concretos mais tamén desvela as claves dun tempo que se proxecta nos nosos días.
paginas
258
encuadernacion
RUSTICA
espesor
12
colección
DICCIONARIOS
zona
GALICIA
altura
220
ancho
145
1 Artículo
9788491219781
No hay comentarios
Producto añadido a la lista de deseos