Carrito
No hay más artículos en su carrito
As frechas de ouro
As frechas de ouro é a primeira obra literaria escrita en galego por John Rutherford, profesor de lingua e literatura hispánicas no Queen's College de Oxford e Director do Centro de Estudos Galegos da mesma universidade. Unha orixinal e persoal obra de ficción na que o autor percorre o Camiño de Santiago. O profesor Rutherford semella encontrarse ben nun galego que el arrequenta co humor fino e sarcástico da literatura inglesa, coa súa capacidade para relatar polo miúdo os aconteceres positivos e negativos dunha peregrinaxe que ten moito de viaxe iniciática ou rito de paso, e que constitúe tamén unha fonte de aprendizaxe sobre os lugares e a xente que o viaxeiro atopa. As dificultades e satisfaccións dos peregrinos, a súa vivencia cotiá configuran unha viaxe literaria na que ficción e realidade se superpoñen e mesturan para acadar unha obra deliciosa, unha sorpresa para as nosas letras.
- paginas
- 252
- encuadernacion
- TAPA BLANDA O BOLSILLO
- espesor
- 16
- colección
- LITERARIA
- zona
- GALICIA
- altura
- 210
- ancho
- 140
1 Artículo
9788482887579
No hay comentarios