Carrito
No hay más artículos en su carrito
Chirlosmirlos
Chirlosmirlos. Enciclopedia dos xogos populares, resultado dun labor de investigación e de organización realizado a.o longo de varios anos, reune máis de catrocentos xogos, coas súas variantes e con propostas de adaptación ou anovación nalgúns dos casos.Xogos de correr ou de agochar;xogos de grupos e de equipos;xogos de roda;xogos con pelota;xogos das lombas;xogos das bólas ou con peón;xogos das tabas, coios e dados;xogos de lanzar ou de espetar;xogos da billarda;xogos da chapa;xogos da goma, da corda ou con aros;xogos para xogar no colo cos máis cativos;e un bo repertorio de cancións para choutar á corda.Chirlosmirlos é un libro de divulgación para estender e relembrar a arte de xogar. Con ser esta unha obra de alto contido etnográfico, de recolleita histórica, está concebida cun criterio eminentemente práctico e de fácil comprensión, para o seu uso no ámbito familiar, así como en centros escolares, asociacións, colonias, campamentos, ou nas actividades dos concellos.Esta enciclopedia contén numerosas ilustración explicativas de cada xogo;e tamén as partituras de moitas das cancións, producto dunha laboriosa transcrición musical.
- paginas
- 456
- encuadernacion
- TAPA DURA
- espesor
- 22
- colección
- SIN COLECCION
- zona
- GALICIA
- altura
- 276
- ancho
- 213
5 Artículos
9788483025512
No hay comentarios