Carrito
No hay más artículos en su carrito
Mister magnolia
Míster Magnolia é un clásico de Quentin Blake publicado en 1980 e galardoado con importantes premios;un relato rimado cuxo protagonista é un simpático personaxe co que os lectores poden enumerar, do 1 ao 10, distintos elementos que o rodean. De ton alegre e contaxioso, a historia de Míster Magnolia destaca polo humor e a sucesión de disparatadas anécdotas que ocorren, entre as que -a modo de retrouso- se repite a ausencia dunha bota nun dos seus pés. Todo cambia coa chegada, por sorpresa, dun paquete envolto en papel de agasallo... Polo seu ritmo acumulativo, a repetición de estruturas narrativas e o carácter descritivo das ilustracións, "Míster Magnolia" é un álbum ideal para practicar a lectura en voz alta, facilitando a participación do público. As imaxes resaltan sobre un fondo branco e chaman a atención polo seu variado e intenso colorido, a profusión de detalles, e os trazos imperfectos que enfatizan a expresividade e o dinamismo de cada escena.
- paginas
- 36
- encuadernacion
- TAPA DURA
- espesor
- 5
- colección
- TRAS OS MONTES
- zona
- GALICIA
- altura
- 285
- ancho
- 220
3 Artículos
9788484642503
No hay comentarios